O pasado domingo a Festa do Salmón de A Estrada acadou un novo éxito de participación, rematando as 2500 bandexas de pinchos elaborados pola hostalaría local en menos de 2 horas. Ademais da degustación deste peixe o CIT fixo entrega das insignias de ouro ao pregoeiro deste ano, Juan Luis Blanco Valdés, e aos homenaxeados, que nesta ocasión foron o hostaleiro Ramiro Abelleiro, a título póstumo, e a mestra Dolores Araújo.
https://youtu.be/opFqUQiCCtY