Home Programas Espazo Aberto O encontro ‘Crise de coidados no fogar. Sostendo a vida na primeira liña’ terá lugar hoxe ás 18 horas

O encontro ‘Crise de coidados no fogar. Sostendo a vida na primeira liña’ terá lugar hoxe ás 18 horas

0
O encontro ‘Crise de coidados no fogar. Sostendo a vida na primeira liña’ terá lugar hoxe ás 18 horas

A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) continúa en marcha cos encontros virtuais baixo o cancelo #CapitalVSVida, o lema baixo o que tamén lanzaron nos últimos días a súa campaña polo 1 de maio. Mañá, mércores, terá lugar un encontro que contará coa presenza de Maruchi Álvarez, en calidade de coidadora informal, María José López do sindicato PIT-CNT do Uruguai e Juana Chumpitaz, traballadora do fogar. O encontro, chamado ‘Crise de coidados no fogar. Sostendo a vida na primeira liña‘, estará moderado pola xornalista Andrea de Francisco. O encontro virtual terá lugar este mércores 15 de abril ás 18 horas e poderase ver en directo a través do facebook do sindicato.

Dende Nós Televisión coloboramos nos encontros virtuais organizados pola CUT xunto co Salto Galiza, Novas da Galiza e Galiza Contrainfo.