Home Programas Espazo Aberto A Coruña participa no “Proxecto Rios” cunha xornada de limpeza no Feáns

A Coruña participa no “Proxecto Rios” cunha xornada de limpeza no Feáns

0
A Coruña participa no “Proxecto Rios” cunha xornada de limpeza no Feáns

O goberno local coruñés convidou á cidadanía a participar o vindeiro domingo a participar na limpeza fluvial en Feáns, no marco do “Proxecto Ríos”. O consitorio colaborará nesta nova edición da Limpeza Simultánea para concienciar do importante que é a educación ambiental. Este ano participarán no proxecto 49 municipios de toda Galiza. Na Coruña organizan, coa colaboración municipal, a Asociación de Veciños de Feáns, Asociación das Hortas do Val de Feáns e ADEGA.

A saída da Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos non precisa inscrición previa e terá lugar ás 10.30 horas do Centro Cívico de Feáns e prolongarase até as 13.30 horas. Todas as persoas que desexen participar nesta xornada de voluntariado ambiental e concienciación social, deberán levar luvas, calzado e roupa resistente.