Home Víchelo? Galiza Contrainfo A Coruña Libertaria: Manuel Rivas – A libre xeografía da cidade

A Coruña Libertaria: Manuel Rivas – A libre xeografía da cidade

0
A Coruña Libertaria: Manuel Rivas – A libre xeografía da cidade

Andaina de recuperación da memoria libertaria da cidade, percorrendo as rúas en busca das pegadas do movemento anarquista, vidas e obras de homes e mulleres loitadoras. Vidas e loitas truncadas polo alzamento fascista de 1936.

Esta viaxe pola historia comezou na Dársena, onde se levou a cabo a queima de libros despois do golpe, fixo paradas en lugares de gran valor simbólico, como a rúa onde estaba o centros de estudos Xerminal, e houbo tamén unha pequena homenaxe, no cemiterio de San Amaro, ás vítimas da represión na folga de 1901.

Fonte: galizacontrainfo