Home Programas Espazo Aberto A Coruña comprométese contra a violencia machista

A Coruña comprométese contra a violencia machista

0
A Coruña comprométese contra a violencia machista

O concello da Coruña celebrou este 25N o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres cunha concentración na Praza de Maria Pita para reafirmarse na súa loita contra esta lacra social.

O #GaliciaEnNegro tamén chegou á Coruña

O acto formou parte dunha serie de actividades conxuntas con outros 74 municipios e 3 deputacións provinciais de Galicia. Como noutras cidades na Coruña tamén se procedeu á lectura dun manifesto, acción que neste caso realizou o propio alcalde, Xulio Ferreiro.

“Os asasinatos machistas, 574 nos últimos dez anos segundo as estatísticas oficiais, son a punta do iceberg do que realmente están a padecer as mulleres en situación de violencia, así como as súas fillas e fillos. A loita contra as violencias debe ser unha prioridade institucional e política, tanto nas institucións como en todos os ámbitos que afectan á vida das nosas veciñas e veciños. Debemos rexeitar todas as formas de violencia que sofren as mulleres polo mero feito de selo, e comprometernos, todas e todos, contra esta loita”, explicou o alcalde na súa intervención.

O acto rematou cunha fotografía de grupo como mostra de rexeitamento á violencia machista. O concello da Coruña distribuiu durante esta semana pasada entre entre os equipamentos municipais, entidades e establecementos participantes máis de 17.500 metros de cinta de balizar coa imaxe da campaña, 2.500 distintivos adhesivos de Espazo libre de violencias machistas; máis de 10.000 chapas; 10.000 posavasos e 5.000 manteis para a hostalaría, ademais de camisetas, unhas 2.700, e carteis en diversos formatos con mensaxes como Si e si, non é non, ou Sempre libre e viva.