As nosas cámaras estiveron hoxe polo Parlamento Galego. Diversos temas da actualidade centraron as intervencións das forzas políticas. O portavoz de En Marea, Luís Villares, preguntou ao presidente da Xunta pola destrución de emprego e a precariedade laboral do que se crea aproveitando que estamos chegando a unha data sinalada como é o 1 de maio.
O portavoz de @En_Marea, @VillaresLuis, centrou parte do seu discurso de hoxe na situación laboral actual https://t.co/afVkM9v1hO pic.twitter.com/JoyxzaMHHv
— Nós Televisión (@NosTelevision) 26 abril 2017
Os “xenerosos donativos” de Villar Mir
A imputación de Villar Mir na Operación Lezo por suposto financiamento ilegal do PP centrou parte das intervencións como a da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.
.@anaponton (@obloque) lembrou os “xenerosos donativos” de Villar Mir á Fundación Fraga https://t.co/afVkM9v1hO pic.twitter.com/AlibiHYlK2
— Nós Televisión (@NosTelevision) 26 abril 2017
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, na súa intervención acusou hoxe ao presidente da Xunta de ter incumprido a Lei de Medios Públicos de Comunicación dende o ano 2011.
O portavoz do @PSdeG, @XoaquinFLeiceaga, denuncia que Feijóo incumpre a Lei de Medios Públicos de Comunicación https://t.co/afVkM9v1hO pic.twitter.com/DOFf7yk8M4
— Nós Televisión (@NosTelevision) 26 abril 2017
Alberto Núñez Feijóo quixo desligar a actual situación de Villar Mir co PP e non achegou datos desa non relación que denunciaron BNG e EnMarea nesta sesión parlamentaria.