Home Programas Área Compostela Corenta artistas contemporáneos irrumpen en Compostela

Corenta artistas contemporáneos irrumpen en Compostela

0
Corenta artistas contemporáneos irrumpen en Compostela

O patrimonio artístico de Compostela susténtase sobre as tendencias románica e barroca, mais os estilos vangardistas vanse abrindo paso na cidade. A Fundación Didac, en colaboración coa Universidade e o Concello, presenta a exposición “Con-secuencias”, que amosa as obras de corenta artistas noveis procedentes de todo o Estado español.

A exposición reflicte unha “metáfora do presente a modo de ‘non lugar'”

Tódalas obras responden a un nexo común: o reflexo da acción humana sobre a natureza e a súa capacidade para deseñar, proxectar e construír e, ao mesmo tempo, abandonar o creado. Deste xeito, a mostra artística convértese nunha “metáfora do presente a modo de ‘non lugar’”. Unha das principais características do equipo de comisarios e comisarias de arte da Fundación Didac é que só seleccionan a artistas que están comezando a súa carreira profesional, ofrecéndolles a oportunidade de amosar o seu talento ante o público.

Percorrido dinámico a través da cidade

As obras que compoñen a exposición están ubicadas tanto no propio edificio da Fundación Didac coma nos espazos da Fundación Eugenio Granell e a Igrexa da Universidade, respondendo a unha estratexia de “dinamización cultural” pouco frecuente.