Coren e a empresa catalá La Selva elaborarán cárnicos de porco alimentado con castañas

Os dous grandes grupos presentaron en na Feira Alimentaria de Barcelona a súa aposta pola colaboración conxunta para mellorar o produto

Manuel Gómez-Franqueira, presidente de Coren, e Xavier Albertí, presidente de La Selva

A Feira Alimentaria 2018 que ten lugar estes días en Barcelona segue a ser un bo lugar para crear alianzas no sector agroalimentario galego. Onte foi a cooperativa Grupo Coren quen presentou a súa alianza coa compañía catalá La Selva para o desenvolvemento industrial e comercial de elaborados cárnicos de porco alimentados con castañas.

Manuel Gómez-Franqueira, presidente de Coren, e Xavier Albertí, presidente de La Selva, foron os encargados de presentar este proxecto conxunto da nova gama Selecta. A iniciativa, segundo explicaron na presentación, consiste en producir carnes da máxima calidade procedentes de porcos criados en Galicia de modo tradicional con castañas galegas, aportándolle un sabor auténtico, cun toque doce graczas ao prodto dos nosos soutos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ambos presidentes explicaron que os productos que integran a gama inclúen o lacón ao forno, o xamón cocido, o salchichón, o chourizo e o fuet.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -