Home Programas Área Compostela Coralia aposta pola creatividade no seu novo número

Coralia aposta pola creatividade no seu novo número

0
Coralia aposta pola creatividade no seu novo número
Capa do novo número da revista
Capa do novo número da revista

Os impulsores de Coralia, Alejandro Regueiro e Alfredo Iglesias, presentan na Fundación Eugenio Granell o seu cuarto número. Nesta ocasión, arredor das temáticas da revista, cabe salientar que o eixo principal será o outono. A maiores, os protagonistas do número son figuras recoñecidas e, sobre todo, queridas no panorama galego. Dous exemplos disto son Tino Martínez, que ocupa a portada, e Tareixa Navaza, que pon o broche final a este número.

Unha revista que pon ao galego á altura!

Poñer o galego á altura do inglés foi un dos obxectivos de Coralia dende os seus inicios, xa que o que se pretende é normalizar a nosa lingua relacionandoa cun dos idiomas de máis prestixio internacional. Tal e como indican Alejandro e Alfredo, ningún idioma debería estar en desigualdade de condicións con respecto a outro. Por este motivo, apostan por unha revista feita en galego e inglés á vez.

Nós Televisión conversou tamén con Tareixa Navaza

Ademais, tivemos a oportunidade de falar con Tareixa Navaza, unha das grandes protagonistas. Tareixa foi a primeira muller que contou a actualidade a través da TVE na nosa lingua. Non cabe dúbida de que expresarse naquela época no noso idioma, con todo o choque que isto producía, non era tan sinxelo como pode ser facelo agora.

Na presentación do novo número de Coralia apostouse pola marca galega e a súa “exportación” internacional. En palabras da propia Tareixa Navaza, Coralia ten futuro, porque ademais de ter unha calidade innegable, está feita con moito amor e sensibilidade. Sen dúbida, estes dous requisitos son indispensables para que todo proxecto poida saír a diante.