Conxo acolle as VIII Xornadas Micolóxicas

O mundo dos cogomelos volve ao Centro Sociocultural de Conxo coas VIII Xornadas Micolóxicas que terán lugar o venres 21 e o sábado 22 de outubro. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta actividade, acompañada polo historiador e micólogo José María Costa Lago, membro da Asociación Pan de Raposo, que colabora na organización da actividade, e Xulio Noya, animador sociocultural do Centro Aurelio Aguirre.

Nestas Xornadas Micolóxicas realizarse o sábado 22 un Roteiro Micolóxico ao Pedroso, que partirá ás 9:30 horas e para o que é preciso inscrición previa.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego