Home Programas Galicia Convocan unha II Marcha pola devolución da Casa Cornide na Coruña o sábado, 26 de setembro

Convocan unha II Marcha pola devolución da Casa Cornide na Coruña o sábado, 26 de setembro

0
Convocan unha II Marcha pola devolución da Casa Cornide na Coruña o sábado, 26 de setembro

O colectivo Defensa do Común acorda celebrar a II Marcha pola devolución da Casa Cornide o sábado, 26 de setembro. A comitiva, que sairá ás 12 horas da praza de María Pita da Coruña até a Casa Cornide na Cidade Vella, estará encabezada por un grupo de gaiteiros e unha pancarta co seguinte texto: “A CASA CORNIDE SEMPRE FOI PATRIMONIO DA CORUÑA. FRANQUISMO NUNCA MÁIS. QUE DEVOLVAN O ROUBADO”.

Terá un carácter reivindicativo e lúdico coa participación de diversos actores e actrices, que representarán ás principais persoaxes implicadas no roubo da Casa Cornide: Caudillo Generalísimo Franco, esposa Carmen Polo, Pedro Barrié de la Maza, Alfonso Molina e Sergio Peñamaría de Llano.