Home Programas Espazo Aberto Convocan manifestacións en Vigo e a Coruña o 2 de febreiro en contra da caza contra o raposo

Convocan manifestacións en Vigo e a Coruña o 2 de febreiro en contra da caza contra o raposo

0
Convocan manifestacións en Vigo e a Coruña o 2 de febreiro en contra da caza contra o raposo

Máis de 40 entidades chaman a saír á rúa o 2 de febreiro en contra da caza, facendo fincapé na do raposo. “A caza do raposo é barbarie, non un deporte”, sosteñen. Polo de agora, as manifestacións convocadas son as de Vigo, que sairá de Vía Norte con Urzaiz, e a da Coruña, que partirá do Obelisco, ambas ás 12 horas.

Ao mesmo tempo, a asociación Libera impulsou unha campaña a través de Change.org na que recolleron 62.000 firmas para reclamar o fin dos “campionatos para masacrar raposos” como os que comezan o pasado sábado en varios montes de Galicia. Entre elas, as que tiveron lugar en Dodro e Moraña.

Organizacións políticas como Equo Galicia alzaron a voz en contra da caza do raposo ao considerar “indecente” a protección que o executivo de Alberto Nuñez Feijóo lle outorga á Federación Galega de Caza.

Concentración 26X en Vigo

A Asociación do Monte Galego xunto con Free Fox tamén convocaron unha concentración para este 26 de xaneiro no Marco, en Vigo, en contra da caza do raposo. En Lugo, tamén haberá unha concentración contra a caza do raposo o 26 de xaneiro na que convocan Equo e Free Fox.