Convocan concentracións e roldas de prensa simultáneas en Compostela, A Coruña e Vigo polo dereito á renda básica

A convocatoria terá lugar mañá, 23 de xuño, ás 11.00 horas

“Nin RISGA, nin Ingreso Mínimo Vital, Renda Básica XA!”, con este lema, e ante a convocatoria de eleccións do 12 de xullo, diversos colectivos convocan roldas de prensa simultáneas en A Coruña, Compostela e Vigo para este martes 23 de xuño. Nese acto, presentarán os seus argumentos con respecto ao dereito a unha renda básica. As concentracións serán a partires das 11:00 diante dos edificios administrativos da Xunta, no caso de Vigo ás portas das dependencias situadas na rúa Concepción Areal 8.

Os colectivos convocantes son: Foro Galego de Inmigración, Oficina Dereitos Sociais de Coia, Colectivos pola Renda Básica Universal de Compostela, Betanzos e A Coruña, Boa Vida, SOS Racismo Galicia, ONGD Viraventos, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Coordinación Baladre contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social, Coordinadora de Crentes Galeg@s, Asociación Fuco Buxán, Vangarda Obreira da Coruña.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego