Galicia mobilizarase este xoves contra o golpe á democracia en Bolivia onde a policía e o exército xa mataron 25 manifestantes. Tras as concentracións impulsadas a pasada semana pola plataforma Mar de Lumes, oito vilas e cidades galegas acollerán senllas concentracións ás 20.30 horas impulsadas por organizacións como Anova, o PCG ou Comisións Obreiras. Nos últimos días, difundiuse un manifesto asinado por un cento de activistas galegas e galegos que condenan o golpe en Bolivia.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego