Unha muller foi acoitelada este mércores por un home co que mantivera unha relación sentimental e permanece ingresada no hospital. A agresión machista produciuse na sede de Unións Agrarias en Vimianzo, onde a muller se atopaba traballando. Dende o sindicato anunciaron a través dun comunicado unha concentración en repulsa ao terrorismo machista ás 19 horas diante da súa sede central en Compostela, na rúa Doutor Maceira. En Vimianzo hai outra mobilización organizada polo Concello ás 20.00 horas na praza consistorial.

 

- Publicidade -