Convocan unha concentración no Obradoiro en memoria de George Floyd e en solidariedade con #BlackLivesMatter

O uso de máscara e o mantemento de dous metros de distancia física será obrigatorio na concentración

O día 25 de maio, un policía asesinou a George Floyd axeonllándose no seu pescozo durante 8 minutos. Isto non foi un incidente puntual, senón que forma parte dun patrón de brutalidade policial apoiada por un sistema racista, tal e como denuncian as convocantes SCQ In Solidarity With Black Lives Matter.

Por esta razón,  convocan mañá ás 20.00 horas unha protesta silenciosa e pacífica na Praza do Obradoiro en memoria de George Floyd e de tódalas persoas negras que foron asasinas pola policía en todo o mundo. Tamén buscan amosar publicamente que as vidas negras importan. O colectivo lembra que será obrigatorio o uso dunha máscara e manter a distancia de seguridade de polo menos dous metros.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego