More

    ‘Conversas no Sant Jordi’ con Suso de Toro

    Este domingo estreamos 'Conversas no Sant Jordi', o programa no que viaxamos ata Barcelona con Suso de Toro para falar coas figuras máis emblemáticas do país catalán

    No ano 2018, en plena celebración do referendo independentista do 1 de outubro, unha equipa de Nós Televisión viaxou a Barcelona acompañando ao escritor Suso de Toro, que presentaba no Sant Jordi a súa novela ‘Fóra de si’. Resultado desta viaxe son estas conversas que Suso mantivo con algúns dos seus amigos en Catalunya nun contexto histórico e político excepcional.

    Este domingo poderedes atender á primeira entrega, unha conversa devagar na casa de Paco Ibáñez. Suso e Paco toman viño mentres falan de poesía, de música, do franquismo, do antifranquismo… de toda unha vida en pé.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego