Home Espazo Aberto Medio ambiente ContraMINAcción pídelle aos Colexios de Xeólogos e Químicos que deixen de defender o informe “plaxiado” de Felipe Macías

ContraMINAcción pídelle aos Colexios de Xeólogos e Químicos que deixen de defender o informe “plaxiado” de Felipe Macías

0
ContraMINAcción pídelle aos Colexios de Xeólogos e Químicos que deixen de defender o informe “plaxiado” de Felipe Macías

A rede ContraMINAcción envíalle unha queixa formal ao Colexio Oficial de Xeólogos, o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, o Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste e o Colexio de Enxeñeiros Técnicos e Grados de Minas e Enerxía de Galicia por emitir un comunicado conxunto “procurando desprestixiar abertamente ao doutor Steven H. Emerman” como consultor ao servizo de entidades públicas e ambientais de Galicia.

En concreto, os catro colexios manifestaban o seu “total desacordo” cos argumentos de Emerman con respecto ao proxecto mineiro da mina de San Finx, en Lousame. Ao mesmo tempo, estes colexios saíron na defensa de Felipe Macías, un profesor xa xubilado da USC que dirixiu o grupo que realizou o informe sobre o proxecto mineiro para a empresa concesionaria, propiedade do Grupo Sacyr.

O informe realizado baixo a dirección de Felipe Macías xa fora criticado pola rede ContraMINAcción por “plaxios, absoluta falta de rigor metodolóxico e procedemental e manipulacións groseiras co fin manifesto de eximir á concesionaria mineira do cumprimento dos límites legais para contaminantes perigosos, alegando un ficticio fondo natural de metais”. ContraMINAcción pide aos Colexios de Xeólogos e Químicos que realicen unha avaliación independente a de Macías e que atendan aos argumentos expresados nos informes de avaliación que fixo esta rede de colectivos galegos contra a mineiría extractiva. A maiores, requírelles que, no caso de que algún dos seus colexiados ou colexiadas, subscribisen o informe encabezado por Felipe Macías, procedan a abrir expedientes disciplinarios “pola participación nun informe fraudulento que procuraba fabricar un fondo natural de metais inexistente con importantes implicacións ambientais e mesmo penais”.