Home Programas Área Compostela Contra as camas turísticas ilegais

Contra as camas turísticas ilegais

0
Contra as camas turísticas ilegais

Compostela vive un importante crecemento turístico e, acompañado a iso, hai unha problemática que preocupa, e moito, no Concello: o incremento dos apartamentos turísticos ilegais. Por iso, desde a concellería de Turismo de Santiago veñen de presentar publicamente unha novidosa campaña de comunicación sobre os efectos perversos do turismo ilegal.

Queremos que se coñezan as consecuencias deste tipo de turismo

“É unha ilegalidade con consecuencias negativas para o conxunto da cidade”. A concelleira de turismo, Marta Lois, presentou esta mañá as principais argumentos desta campaña que, dun xeito particular, está centrada no impacto do turismo no casco histórico que, en palabras de Lois, Compostela vive unha “auténtica colonización”.

O incremento do prezo da vivenda e, como consecuencia disto, a “expulsión” da veciñanza do casco histórico tamén é a principal liña a argumental desta campaña que se desenvolverá nos meses de maior afluencia turística da cidade e que arrincará durante a vindeira semana.

Acotar os apartamentos turísticos no casco histórico e garantir un turismo sostible

Deste xeito, o goberno de Santiago continúa dando pasos firmes para elaborar unha nova gobernanza de turismo sostible e que, a longo prazo, permita compatibilizar o incremento do turismo en Compostela coa calidade de vida da veciñanza da cidade.