Continúan as protestas contra o peche de centros de ensino

As protestas polo peche de colexios por parte da Xunta chegaron ao Parlamento

O peche de colexios que está a realizar a Consellaría de Educación da Xunta na Galiza segue movendo protestas por parte de pais e nais do alumnado matriculado. A última, polo de agora, en pleno mes de agosto foi diante do Parlamento galego.

Ademáis, pais e nais afectados polo peche do Monte Caxado (Concello das Pontes) aseguran que non houbo conversas serias coa Consellaría de Educación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Continúan as protestas polo peche de centros de ensino

"Matriculámonos no centro e agora se nos priva ese dereito"

Publicada por Nós Televisión en Miércoles, 2 de agosto de 2017

Homenaxe ao CEIP Emilio de Navasqüés

Perdemos o colexio pero non a diginidade

O CEIP Emilio Navasqüés é un dos centros afectados polo desmantelamento impulsado pola Xunta

A comunidade educativa do CEIP Emilio de Navasqüés (Outes) organiza este vindeiro domingo un “acto de despedida” do colexio logo do peche decretado pola Consellería de Educación. Esta homenaxe á institución académica terá lugar desde ás 19:00h no interior do propio colexio. “Perdemos o colexio pero non a diginidade” recoñecen persoas afectadas polo peche do centro.

https://nostelevision.gal/a-xunta-non-nos-pode-facer-isto/

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -