Home Programas Área Compostela Continúan as mobilizacións do persoal de Urxencias do CHUS

Continúan as mobilizacións do persoal de Urxencias do CHUS

0
Continúan as mobilizacións do persoal de Urxencias do CHUS

O persoal do Servizo de Urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago continúa coa folga convocada o luns da semana pasada. Así, esperan conseguir unha solución man a man coa Xerencia do Hospital, e remediar a falta de persoal e material. Falamos con Camilo Agulleiro, presidente da Comisión de Centros de Atención Especializada do CHUS que organiza as folgas.

O persoal de Urxencias, en folga pola falta de medios

Estas negociacións para facer presión, non son nin cómodas nin doadas, pero si necesarias para dar resposta a un problema que vén de longo. A Asociación de Clientes e Usuarios do CHUS, amosou o seu total apoio á convocatoria desta folga indefinida, entendendo que tamén son afectados pola mala xestión dos medios do centro.

Doutoras, enfermeiras, auxiliares… todas e todos percorrerán as instalacións do hospital manifestándose de xeito indefinido, ata que se acade unha solución favorable tanto para o persoal como para os usuarios.