Home Programas Área Compostela Continúan as denuncias pola situación “lamentábel” do Colexio Junior’s

Continúan as denuncias pola situación “lamentábel” do Colexio Junior’s

0
Continúan as denuncias pola situación “lamentábel” do Colexio Junior’s

O persoal do Colexio Junior’s de Compostela e a CIG-Ensino denuncian a situación “lamentábel” do centro e das condicións de traballo, que “afectan en particlar a 20 membors da plantilla”, tanto profesores como persoal administrativo, de transporte e de limpeza.

Denuncian que levan como mínimo un mes de retraso no pago dos soldos, que os soldos percibidos están varios de centos de euros por debaixo do acordado, e que incluso se deron casos de non ter contrato ou de non cotizar. Os problemas no centro incrementáronse coa chegada da nova Administración o ano pasado, e desde entón oito membros da plantilla deixaron o posto, así como máis de 100 alumnos (quedando agora arredor de 40).

O responsable comarcal da CIG-Ensino, Rubén F. Monteagudo, explicou a situación ante a prensa, facendo especial fincapé en que é “imposible que as administracións descoñezan a situación” e que “a Consellería de Educación ten que actuar“.