Home Programas Área Compostela Continúa a aposta municipal pola economía social e colaborativa

Continúa a aposta municipal pola economía social e colaborativa

1
Continúa a aposta municipal pola economía social e colaborativa
SONY DSC

A Concellaría de Políticas sociais quere fomentar as empresas que traballen cun modelo económico baseado na economía social e participativa. A concelleira desta área municipal, Concha Fernández, presentou hoxe en rolda de prensa as principais liñas de traballo nesta matería que desenvolverán dentro do programa Compostela Móvese 2017.

Coa intención de coñecer máis as experiencias actuais o concello catalogou as empresas existentes, unha boa parte delas cooperativas. Desde o executivo compostelán anuncian que o Cersia contará cun Servizo de Emprendemento Colaborativo e cun Servizo de Busca de Emprego Colaborativo.

“A economía social está a ter moito dinamismo na cidade”

O Concello cataloga as empresas de economía social e participativa

A economía social engloba un conxunto de actividades económicas e empresariais que no ámbito privado levan a cabo entidades que perseguen, ben o interese colectivo das persoas que o integran, ben o interese xeral económico ou social, ou ambos os dous, mostrándose día a día como un actor fundamental no desenvolvemento da sociedade actual.

Fonte: Cersia Empresa

Preme na imaxe para acceder ao Catálogo de entidades sociais

O Catálogo de Economía Social pódese consultar por internet na páxina municipal www.cersiaempresa.gal e aquelas empresas que non estean e desexen figurar poden enviar os seus datos a través dun formulario.

“Un novo modelo económico para a cidade”

O programa Compostela Móvese 2017 conta cun orzamento de 235.000 €, dos que 80.000 se dedican a axudas a empresas de recente creación e outros 80.000 € ás accións de fomento da economía social e colaborativa descritas.