Home Programas Área Compostela Continúa a andaina do programa ‘Vives Emplea’

Continúa a andaina do programa ‘Vives Emplea’

0
Continúa a andaina do programa ‘Vives Emplea’

Concha Fernández, concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, visitou hoxe a terceira edición do programa Vives Emplea no Centro Sociocultural de Santa Marta. É un programa de inserción laboral, no que as persoas participantes desenvolven o talento e a iniciativa para aumentar as súas posibilidades de atopar traballo.

En Compostela, o programa Vives Emplea comezou a funcionar a mediados de 2017, estando activos simultaneamente dous equipos, grazas á colaboración do Concello de Santiago, que cede as instalacións para que este proxecto sexa posible e colabora moi activamente coa súa difusión e derivación de participantes. Así é, dende o inicio do proxecto, na cidade participaron un total de 115 persoas, das cales, en xullo de 2018, un 41% tiveron como resultado a súa inserción laboral.

As actividades do programa consisten en sesións grupais e personalizadas durante 9 horas á semana. Tamén con contactos directos con empresas e a participación en eventos de emprego e talleres con responsables de recursos humanos. En Santiago o programa Vives Emplea comezou a funcionar a mediados de 2017.