Contidos en estrea: todos os sábados na nosa canle de YouTube

A equipa de Nós Televisión estrea cada fin de semana un novo contido de profundidade sobre a cultura e lingua do país

A equipa de Nós Televisión traballa para que todas as galegas e galegos poidan dispor dun audiovisual de calidade e na nosa lingua. Neste camiño nace #nósAFondo, un paraugas que recolle a nosa filosofía de creación: reportaxes e entrevistas de profundidade sobre a cultura e a lingua galegas.

Neste percorrido, cada sábado ás 12 horas estreamos un novo contido na nosa canle de Youtube que formará parte do Espazo Aberto, o noso semanal cultural, que emitimos ás 21 horas todos os domingos no 119 de R e os martes na nosa páxina web.

Se aínda non es unha persoa subscritora de Nós Televisión, animámoste a seguirnos para poder estar ao día das estreas e da suba dos nosos contidos e formando parte da comunidade que nos contacta a través dos comentarios.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego