Constitúese o Parlamento da X Lexislatura

Ao comezo da sesión constitutiva que dá inicio á X Lexislatura no Parlamento Galego, unha vez situados nos seus escanos deputadas e deputados, procedeuse á elección en primeiro lugar do presidente da Cámara, o popular Miguel Santalices, para logo escoller as dúas vicepresidencias, que recaeron en Diego Calvo do PP e Eva Solla de EnMarea. A secretaría será para Raquel Arias do PP e a vicesecretaria para Concepción Burgo do PsdeG-PSOE.
Logo de escoller aos e ás membros da mesa procedeuse a xurar o cargo. PP e PSdeG empregaron a fórmula tradicional na cámara de acatar a Constitución e do Estatuto, coa única diferenza de que os socialistas empregaron o termo “promesa”.

En Marea e BNG escolleron fórmulas variadas e individuais.Villares prometeu no nome “dunha marea de alegría e de ilusión” a prol da “dignidade” da cidadanía, rematando coa frase “Comprometo a miña palabra e se necesario fose, a miña vida“. Pola súa banda, o Bloque empregou a expresión “por imperativo legal” e a súa portavoz, Ana Pontón, comprometeu a defensa “dos dereitos nacionais e sociais de Galiza” cun caravel e un exemplar do Sempre en Galiza de Castelao.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Agora hai un prazo dos quince días para que teña lugar a solemne sesión de apertura da lexislatura.

Por parte da oposición Luís Villares, portavoz de En Marea, asegurou que a súa formación sería “a garantía dos dereitos sociais”.

Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro do PSdeG-PSOE, afirmou que o seu partido está no lugar onde quixo a cidadanía que estivera. Polo BNG a súa portavoz, Ana Pontón, asegurou que este é “un tempo novo” para a súa formación no que farán unha “oposición firme cun pé no Parlamento e outro na rúa”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -