O Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela conserva obras de grande valor para coñecermos unha parte de como era antes a cidade. Unha delas, as Memorias del Arzobispado de Santiago veñen de publicarse en edición facsimilar grazas á colaboración do Consorcio e a Universidade de Santiago. Na presentación, realizada no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome, participaron o alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, o reitor da USC, Juan Viaño, o director do Arquivo Diocesano, Salvador Domato e o autor da introdución desta reprodución, Simón Vicente López. Este último salientou a aposta por este tipo de publicacións.
As Memorias del Arzobispado de Santiago conteñen 545 folios orixinais nos que o cóengo cardeal Jerónimo del Hoyo, describe a organización da diocese compostelá, incluíndo visitas á práctica totalidade da súas fortalezas, hospitais e parroquias.