Semanas despois de anunciarse a posibilidade de trasladar a Escola Municipal de Música á Escola de Altos Estudos Musicais (AEEM) situada no barrio compostelán de Vista Alegre, as opcións deste cambio de ubicación avanzan.
Existe a posibilidade de que o alumnado da Escola de Música comece o vindeiro curso en Vista Alegre
Avanza a posibilidade do traslado
O Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, adiantou hoxe diante dos medios de comunicación que existe un “consenso absoluto” no Consorcio de Santiago para o traslado da Escola de Musica. Existe, xa que logo, unha posibilidade de que se poida comezar a docencia nas novas instalacións no próximo curso.
- Máis información: Nais e pais piden máis espazo no CEIP Apóstolo Santiago
Avanza a solución do problema
Deste xeito, avanza a posibilidade de solucionar o problema de espazo no CEIP Santiago Apóstolo logo das constantes protestas realizadas ao longo deste ano. Mellorar as condicións actuais da Escola de Música foi a principal preocupación do executivo municipal.
- Máis información: O BNG esixe solucionar a falta de espazo no Santiago Apóstolo