Confianza “absoluta” da Marea Atlántica nas xestións de Claudia Delso para reabrir o antigo cárcere

A través dun comunicado público, a Marea Atlántica amosou o seu apoio e solidariedade coa concelleira de Participación cidadá

Imaxe de Arquivo

Os Xulgados da Coruña veñen de chamar a declarar á edil Claudia Delso tras unha denuncia efectuada polo Partido Popular trala cesión do antigo cárcere provincial. Coñecida a información a través dos medios de comunicación, a Coordinadora da Marea Atlántica acordou por uninimidade unha resolución de apoio á concelleira de participación cidadá da coruña. “A Marea Atlántica desexa evidenciar a súa absoluta confianza no traballo desenvolvido pola concelleira, que cumpriu con total honestidade, transparencia e respecto á legalidade cun mandato da Rede recollido ademais no programa electoral co que esta formación se presentou e gañou as eleccións de maio de 2015” resaltaron a través dun comunicado de prensa.

Dilixencias previas abertas.  Segundo informa a prensa local, a titular de Participación deberá declarar o vindeiro 1 de marzo. O Goberno Local sempre defendeu que a cesión do antigo cárcere foi a través proceso de pública concorrencia polo que se lle adxudicou a unha entidade sen ánimo de lucr oe sen contraprestación económica ningunha.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A Marea Atlántica pon o foco agora no Partido Popular local que, segundo indican, pretenden “conseguir nos tribunais” o que son “incapaces” de acadar pola vía democrática. Neste senso, a Coordinadora sentenza  que a denuncia está “absolutamente infundada” e confian en que o xulgado “poña no seu sitio as acusacións realizadas polo Partido Popular”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -