Coñecer Compostela da man de Rosalía e Valle-Inclán

Os venres e domingos de xullo haberá, de balde, unha visita guiada pola cidade que "dirixirán" a poetisa compostelá e o novelista de Vilanova de Arousa

Este mes de xullo, Santiago de Compostela regresa ao século XIX. Tódolos venres e domingos, a actriz Belén Espiñeira e o actor Suso Martínez darán vida a Rosalía de Castro e Ramón María del Valle-Inclán para ofrecer unha visita guiada e dialogada polas rúas da cidade. Esta iniciativa permitirá coñecer as diferentes facetas de dous referentes da literatura de Galicia. Neste sentido son unha continuación das visitas treatralizadas con monicreques que se fixeron no verán do ano pasado coa figura de Valle-Inclan como fío conductor.

Turismo de Santiago crea visitas guiadas para descubrir Compostela

Todas as visitas, que serán de balde, partirán da praza de San Agostiño ás 18.00 horas. A cidadanía compostelá poderá pasear polas rúas do casco vello ao carón de Rosalía e Valle-Inclán, dúas figuras que sempre amosaron un sentimento de agarimo pola capital galega.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Dependendo dos grupos de persoas que participen en cada visita, o diálogo entre os escritores será en galego, castelán ou inglés.

Carteis co programa

Estas visitas teatralizadas, que contan co financiamento da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e coa colaboración de Abanca, continúan co traballo de posta en valor do atractivo da cidade a través das figuras de escritores e escritoras de relevancia que pasaron parte das súas vidas na cidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -