Nas últimas horas deuse a coñecer máis unha agresión homófoba en Galicia. Desta volta, e segundo trascendeu aos medios de comunicación, os presuntos agresores trataríanse de tres menores de idade. As superviventes da agresión son dúas mozas, tamén menores de idade, que se estaban a bicar nun parque do concello de Carballo.
Tan pronto como se coñeceu a agresión, o movemento político e social condenou os feitos. Así se expresaron nas redes sociais colectivos como Galiza Contrainfo, Podemos Galicia, o responsable do BNG na Coruña, David Soto ou Lorenzo Chedas, de Móvete A Estrada.
Hoxe soubemos que en Carballo dúas mozas foron agredidas cando se estaban a bicar.Queremos vivir en liberdade e con dereito a amar a quen desexemos, sen medos e sen violencias.Rebelémonos contra a lexitimación dos discursos de odio desde os medios, institucións, na escola e casa pic.twitter.com/AdJX50u50N
— Galiza Contrainfo ? (@gzcontrainfo) November 14, 2019
A #LGTBIfobia non pode ter cabida en Galicia. Fora os discursos de odio e a intolerancia. Toda a nosa repulsa contra esta agresión homófoba. Precisamos institucións que nos protexan, e faciliten denunciar estes feitos.
— Podemos Galicia (@Podemos_Galicia) November 14, 2019
Brutal agresión homófoba en Carballo. Podemos comenzar a chamalo fascismo ou aínda non nos dan permiso dende os medios de comunicación madrileños?
A miña solidariedade coas vítimas. https://t.co/LJ5IdRbExb— David Soto ?️ (@DavidAjdhar) November 14, 2019
Brutal agresión homófoba en Carballo. Lexitimar discursos de odio ten os seus efectos. Graciñas aos votantes de VOX.https://t.co/AnPRBFjId5
— L. ?️? (@LorenzoChedas) November 14, 2019