Concha Fernández: “Ogallá o PP presionase igual á Xunta que ao goberno municipal”

A edil de Compostela Aberta ataca ao PP pola súa dobre vara de medir

A concelleira de Políticas Sociais responde deste xeito ás críticas do Partido Popular acerca da “demora” na prestación do Servizo de Axuda no Fogar, unha concesión que “ten prazos de actuación moi estritos”. A propia Concha Fernández lembra que aínda non transcurriron os “15 días hábiles” estipulados legalmente para que as empresas poidan asinar o convenio establecido polo que as présasdo Partido Popular fican descontextualizadas segundo a concelleira.

- Publicidade -

O PP sabe contar ben os prazos e aínda non pasaron os 15 días

Ao longo desta semana, o voceiro do PP en Santiago, Agustín Hernández, amosou a súa preocupación polo estado do servizo de Axudano Fogar e instaba ao Goberno municipal a dar conta da situación contractual do mesmo.

O dobre de horas de atención, o dobre de investimento

Porén, cómpre lembrar que hai dúas semanas a Xunta de Goberno local adxudicou o Servizo de Axuda no Fogar para os anos 2018 e 2019, cun investimento que se duplicará en relación ao último prego aprobado en abril de 2015

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego