“É unha nova absolutamente interesada que só busca poñer en cuestión as políticas sociais que impulsamos neste departamento”, foron as palabras da Concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, ante as últimas acusacións cara Compostela Aberta.
A información foi publicada na Voz de Galicia esta semana, e aseguraba que “o Goberno de CA deixara sen gastar case toda a renta social e axuda á muller nos primeiros 9 meses do ano“. En particular, fíxose fincapé en que ata setembro só se executou un 41% do total do orzamento, ao que a Concelleira respondeu que o ano económico pechase a final de ano, e que “como sempre a execución non será menor ao 80%”
A CRTVG merca as fakenews de OKDIARIO
Ademais, recentemente, tamén soubemos do enfado do Goberno Local de Santiago ante unha información publicada nos informativos da TVG na que se lle daba veracidade a unha información de OK DIARIO.
Esta é a carta de protesta remitida polo xefe de Gabinete do Goberno local de Santiago, @miguelpenas, á xefa de informativos da TVG, Marta Darriba. Pide unha rectificación e ameaza con "adoptar as medidas que considere necesarias co fin de salvagardar a honra de Jorge Duarte". pic.twitter.com/oP7W7Gg0ME
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) January 22, 2019
A través dunha carta remitida polo Xefe de Gabinete do Goberno Local de Santiago á xefa de informativos da CRTVG, o Concello pedía unha rectificación dunha información publicada o pasado 14 de xaneiro e na que se tentaba desacreditar ao concelleiro Jorge Duarte ao vinculalo cun contrato que beneficiaba a un coñecido malia que se trata, realemente, dun proxecto elaborado en 2003, máis de 10 anos antes de chegar Compostela Aberta ao goberno municipal
Neste senso, o Goberno Municipal de Santiago amosaba a súa disposición a adoptar as medidas que considere necesarias co fin de salvagardar a honra de Jorge Duarte. Ademais, desde Raxoi lamentaban que aquelas información emitidas nunca foran contratas e omitiran deliberadamente a posición oficial do goberno local e do propio alcalde.