Os retrasos no inicio das actividades nos Centros Cívicos composteláns motivaron a reacción da concelleira de Asuntos Sociais, Concha Fernández, desde o Pazo de Raxoi.
Segundo a edil responsable destas instalacións están garantizados os servizos básicos dos mesmos e asegurou que agardan poder contar coas actividades “para esta primeira quincena de outubro”.