Concertos e obradoiros polo Día da Danza

A Banda Municipal ofrecerá un espectáculo conxunto con Danza Alfaia e Academia Lodanzas o 29 de abril

A danza é, para moitas persoas que a practican, a “irmá esquecida” das artes. Emporiso, o Concello de Santiago tenta pola en valor de cara ao Día Internacional da Danza, que se celebrará o vindeiro domingo 29 de abril. Haberá un amplo programa de actividades entre o 26 de abril e o 5 de maio, con dous obradoiros de baile e cinco espectáculos.

Música e danza, da man no Teatro Principal

O domingo terá lugar unha das actuacións máis agardadas. A Banda Municipal de Música ofrecerá un concerto no Teatro Principal en colaboración coa Asociación de Danza Alfaia e a Academia Lodanzas. Este espectáculo, que se iniciará ás 12.30 horas e será de balde, mesturará a música con diferentes disciplinas de baile, coma danza contemporánea ou cabaret.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As entradas para as diferentes actuacións poranse a disposición do público a través do enderezo entradas.abanca.com e na billeteira do Principal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -