Home Programas Área Compostela Concepción Arenal “conquista” a praza da Universidade

Concepción Arenal “conquista” a praza da Universidade

0
Concepción Arenal “conquista” a praza da Universidade

A escultura adicada a Eugenio Montero Ríos, ubicada na praza da Universidade, perderá protagonismo durante o mes de marzo en favor da escritora e símbolo do feminismo Concepción Arenal. Isto débese a que unha lona de catro caras coa súa figura cobre por completo ao xurista compostelán e que se manterá até o vindeiro 31 de marzo.

Unha pioneira do feminismo

En vista da falta de personaxes femininas nos principais emprazamentos de Santiago, a Universidade e o Concello decidiron levar a cabo esta acción reivindicativa que se enmarca dentro do programa de actividades do Día Internacional da Muller. Ao acto asistiron a concelleira de Igualdade, Marta Lois, e representantes da USC e a propia Facultade de Filosofía, organizadora do acto.