Home Espazo Aberto Cultura Concepción Arenal, a vistadora de cárceres, o mércores no Ateneo de Santiago

Concepción Arenal, a vistadora de cárceres, o mércores no Ateneo de Santiago

0
Concepción Arenal, a vistadora de cárceres, o mércores no Ateneo de Santiago

Co motivo de conmemorar o bicentenario de Concepción Arenal, o Ateneo de Santiago proxectará este mércores, 29 de xaneiro, o filme Concepción Arenal, a visitadora de cárceres ás 19.00h no número 19 da rúa do Vilar. Despois da proxección da película, haberá un coloquio coa súa produtora, Zaza Ceballos.

Filme

Concepción Arenal, a visitadora de cárceres é un filme que se centra na traxectoria da escritora, interpretada por Blanca Portillo, dende a súa visión máis humana. Retrata todo o labor levado a cabo por Concepción Arenal nun presidio feminino de Galicia, onde coñece as humillantes condicións das mulleres encarceradas, moitas tan só por roubar un anaco de pan para alimentar os seus fillos. Arenal encargarase de devolver a esperanza a todas esas mulleres e proporcionarlles educación. O filme é unha homenaxe á protagonista e a todas as mulleres que a acompañan na loita polos dereitos das mulleres

Zaza Ceballos

A produtora Zaza Ceballos é coñecida tamén por outros filmes como Sempre Xonxa, Hard Life, A lingua das bolboretas ou máis recentemente Elisa e Marcela. Foi tamén membro de programación da TVG e responsable de coproducións nacionais e internacionais. Levou tamén a produción de series de televisión de ficción e documentais. Actualmente é profesora da Creación Mestra, Desenvolvemento e Distribución de Contido Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, pertencente a Universidade de Vigo.