Milleiros de persoas concentráronse este martes nos sete campus galegos para amosar o seu rexeitamento á intención da entidade financeira Abanca de crear a primeira universidade privada en Galicia. “Primeiro regaláronse as caixas de aforros e agora o presidente Feijóo pretende agasallarlle ao presidente do banco venezolano, Juan Carlos Escotet, os estudos superiores galegos en detrimento da igualdade de oportunidades e da equidade social”, apuntaban no comunicado lido nas protestas.

- Publicidade -

Plataforma pola Universidade Pública

A plataforma está composta polas organizacións estudantís Erguer, ANEGA, Acción Universitaria e Sindicato de Estudantes xunto sindicatos como CIG, CCOO e UGT.

Tamén se anunciou a incorporación dos Traballadores Galegos da Universidade (TGU), A Trabe Colectivo Nacionalista do PAS da USC, CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Grupo Común da Esquerda, Galiza Nova e BRIGA. No blogue da Plataforma segue aberta a opción de realizar esta adhesión tamén a título individual.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego