Concentración contra Autobuses de Calo por acoso laboral a unha traballadora

Máis dun cento de persoas participaron na concentración contra Autobuses de Calo por acoso laboral reiterado contra unha traballadora

Conversamos con Inácio Pavón, responsábel do sector de transportes na CIG de Compostela. Fonte: CIG
Conversamos con Inácio Pavón, responsábel do sector de transportes na CIG de Compostela.
Fonte: CIG

Un cento de persoas concentráronse no exterior da Estación de Autobuses de Santiago para protestar contra a situación que padece desde o ano 2009 unha traballadora da empresa HEDEGASA S.L. máis coñecida como Autobuses de Calo. Na concentración amosaron o seu apoio, entre outros, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a deputada de En Marea, Paula Quinteiro. Inácio Pavón, responsábel do sector de transportes na CIG de Compostela, resumiu o proceso que denuncia o seu sindicato.

A CIG esixe a inmediata readmisión no seu posto de traballo en condicións dignas

O sindicato recoñeceu que a Inspección de Traballo cualificou a actitude da empresa, xa no ano 2012, como psicoterrorismo ou acoso laboral

O sindicato nacionalista denunciou que este caso supera o acoso laboral pois se trata dun claro exemplo de violencia de xénero. Deste xeito, desde a CIG demandan que se resolva a situación ou que se tomen medidas contundentes contra Autobuses Calo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -