Home Programas Área Compostela O Concello solicita a cesión gratuíta das instalacións de Fontes do Sar

O Concello solicita a cesión gratuíta das instalacións de Fontes do Sar

0
O Concello solicita a cesión gratuíta das instalacións de Fontes do Sar

A Xunta de Goberno vén de aprobar unha proposta para solicitar formalmente ó Consorcio, actual titular das instalacións deportivas do complexo de Fontes do Sar, a cesión gratuíta das mesmas por un prazo de trinta anos. Deste xeito, asegura o alcalde Martiño Noriega, simplificaríase a xestión do espazo, outorgando ó Concello unha “maior autonomía” para determinar o modelo de administración que quere desenvolver. As instalacións destinaranse á promoción de actividades deportivas e de lecer para toda a cidadanía.

Outros asuntos

Noutra orde de asuntos, o goberno municipal ampliou o contrato de concesión asinado con tres empresas de transporte para xestionar tres liñas de transporte urbano dependentes da Xunta de Galicia. Trátase dos traxectos que conectan o Polígono do Tambre coa rúa da Rosa e o centro de Santiago con Ponte Alvar e Villestro. Esta prórroga, que expirará en decembro de 2018, non suporá un custo adicional ao Concello.

Asemade, Noriega aproveitou a comparecencia para valorar a recente creación da comisión organizadora do Ano Xacobeo de 2021, na que participará o Concello baixo a dirección da Xunta. O alcalde compostelán agarda que se trate dun “espazo de coordinación real” no que tódalas partes sexan escoitadas.