A vindeira semana comezarán as obras de mellora de accesibilidade na Avenida das Burgas, o lugar máis transitado do Campus Sur da Universidade. O proxecto contempla o ancheamento das beirarrúas e a renovación do pavimento da calzada co obxectivo de reducir a velocidade coa que os vehículos circulan por ese tramo.
Melloraremos o aspecto e a accesibilidade do Campus
As obras de mellora da accesibilidade do Campus Sur comezarán o luns, e teñen un prazo de execución de seis semanas
O concelleiro de Mantemento e Obras, Rafael Peña, salientou que esta é a “primeira actuación importante” no complexo universitario dende a súa construcción, e confía en que a USC desbloquee o plan de “reurbanización integral” que prevé o Concello. Polo de agora, esta obra terá un orzamento de 55.000 euros e un prazo de execución de seis semanas.
Comezan as obras de mellora en Meixonfrío e Rapa da Folla
Así e todo, Peña deu conta dos proxectos que o consistorio ten na axenda para realizar nas vindeiras datas. As primeiras actuacións previstas son as de Rapa da Folla e Cañoteira de Meixonfrío, para as que se destinará unha contía total preta ós 200.000 euros. O barrio de Vite tamén será protagonista ao longo deste primeiro trimestre, xa que o Concello conta con realizar obras de mantemento en diferentes rúas da contorna.
Por outra banda, o pasado luns comezaron as obras para a construcción da senda peonil que conectará o CEIP de Lamas de Abade coa Escola de Hostalería, unha actuación “moi valorada” no proceso dos orzamentos participativos.