Home Programas Área Compostela O Concello non rexistrou incidencias por mor das nevaradas

O Concello non rexistrou incidencias por mor das nevaradas

0
O Concello non rexistrou incidencias por mor das nevaradas

As baixas temperaturas e as nevaradas rexistradas na noite deste mércores obrigaron ao Concello de Santiago a activar un “protocolo de emerxencia” para garantir a seguridade na rede viaria da cidade, especialmente nas estradas de acceso e as que comunican cos hospitais.

Porén, dende Raxoi aseguran que non foi preciso empregar estes reforzos. O concelleiro de Mantemento e Obras, Rafa Peña, valorou o “esforzo” dos efectivos despregados e celebrou que non acontecese “ningunha incidencia” ao longo desta inusual noite.