O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e as concelleiras de Desenvolvemento Económico e de Mercados, Marta Lois e Noa Morales, visitarion as instalacións do Mercado de Amio, para comprobar as melloras feitas grazas o investimento de preto de 60.000 euros por parte do Concello.
Martiño Noriega fixo fincapé en que se trata da primeira actuación importante que se leva a cabo no mercado hai máis de 20 anos, e avazou o compromiso de acción permanente por parte do Concello na mellora das condicións.
Unha referenza internacional
o mercado de Amio é o mercado público máis importante do Estado
O Mercado de Amio é un referente a nivel de Estado e no conxunto de Europa. A instalación compostelá foi a única que superou os 114.000 animais do pasado ano 2016, reunindo un total de 114.535 reses. A concorrencia de cabezas medrou un 3’3 % no último ano e fixo que o Mercado pasase da terceira posición a converterse en líder no conxunto do Estado, cun volume de mercado que se sitúa arredor dos 40 millóns de euros ao ano.