Trala aprobación dunha partida de 120.000 euros para mellorar a accesibilidade e as instalacións do campo de fútbol de Santa Isabel, o Concello prepara agora arredor de medio millón de euros para a renovación do céspede e o sistema de rega.
A Xunta de Goberno aínda debe iniciar o proceso de licitación das obras pero, de ser así, comezarían no verán de 2018 unha vez rematadas as competicións oficiais.
Outros asuntos
O goberno municipal aprobou tamén o proxecto de acondicionamento do río Sar na conexión da Senda Verde de Pontepedriña-Conxo, cun orzamento de 39.000 euros e un prazo de execución de nove meses. Alén diso, Noriega anunciou da adxudicación das obras de reurbanización na rúa Rapa da Folla, por unha contía de arredor de 35.000 euros.
Convenios coa Universidade
Por outra banda, a Xunta de Goberno deu luz verde á sinatura de diferentes convenios coa USC, a Cámara de Comercio e aCentral Folque, entidades que recibirán unha subvención municipal de 8.000, 9.000 e 20.000 euros respectivamente.