Home Programas Área Compostela O Concello investirá preto de 1,3 millóns de euros na mellora da iluminación nos accesos á cidade

O Concello investirá preto de 1,3 millóns de euros na mellora da iluminación nos accesos á cidade

0
O Concello investirá preto de 1,3 millóns de euros na mellora da iluminación nos accesos á cidade

A Xunta de Goberno vén de adxudica-la segunda fase, das obras de mellora de seguridade viaria en Cañoteira, de Meixonfrío, cun prazo de execución de catro semanas, e un orzamento de 150.000 euros. Alén diso, o Concello deu vía libre a catro proxectos, de mellora do alumeado, nos accesos á cidade. Estes contratos, licitados por un valor de preto de 1,3 millóns de euros, están financiados polos fondos europeos IDAE, cuxa concesión expiraría de non adxudicarse as obras antes de final de ano.

Estatuas

Por outra banda, o alcalde confirmou que xa foi presentada en Madrid a demanda civil contra Carmen Franco, filla do ditador, para esixir unha vez máis a devolución das esculturas do Mestre Mateo ao seu lexítimo dono, o Concello de Santiago.