Gran investimento nos centros escolares. O Concello de Santiago aprobou na súa Xunta de Goberno unha ampliación do 39% nas partidas orzamentarias adicadas á concesión de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares para o curso 2017/2018. Deste xeito, a cantidade ascenderá a preto do millón de euros.
O Goberno cumpre o seu compromiso de priorizar o gasto social
Outra das novidades da sesión foi a aprobación das obras de saneamento e abastecemento en Triacastela, onde se instalará un ascensor cara á avenida de Lugo. Tamén se aceptaron os proxectos de humanización en Castrón D’Ouro e Patio de Madres, cun orzamento dun millón e medio de euros e un prazo de execución de 18 meses para a primeira fase.
Outros asuntos
Alén diso, o consistorio deu luz verde ao proxecto de mellora das condicións de accesibilidade no campo de fútbol de Santa Isabel, que se levará a cabo nun prazo de dous meses, e contará cun orzamento de 116.000 euros.