Concello e USC colaborarán no proxecto ‘Smartiago’

Ámbalas dúas entidades asinaron este martes un convenio de colaboración

Compostela segue a camiñar cara á innovación. O Concello asinou este martes un convenio de colaboración coa Universidade acerca do proxecto Smartiago, que conta con máis de 6 millóns de euros de fondos da UE e se basea na compra pública innovadora. As principais liñas de actuación son a mobilidade, a xestión dos residuos e as solucións lumínicas para a cidade.

Deste xeito, a USC pasará agora a formar parte activa desta iniciativa, permitindo aplicar na práctica os postulados teóricos impulsados dende o eido universitario. A partires da sinatura deste convenio, constitúese unha Comisión de Seguimento composta por representantes de ambas entidades.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Campus Sur

Noutra orde de asuntos, López e Noriega falaron tamén sobre un proxecto que leva anos sobre a mesa: a renovación do Campus Sur. O reitor instou á creación de “acordos amplos” que permitan executar os proxectos propostos, así como a levar a cabo pequenas actuacións a curto prazo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -