Concello e USC asinan convenio para acondicionar o campo de fútbol universitario

Raxoi fará unha achega de 200.000 euros a un proxecto no que participan tamén a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Fútbol e a propia Universidade de Santiago.

O alcalde, Martiño Noriega, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, asinaron o acordo para o acondicionamento do campo de fútbol e rugby da USC. Este convenio, no que participan tamén a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Fútbol e a propia Universidade, será beneficioso para toda a cidade como sinalou o alcalde de Santiago.
O reitor da Universidade coincidiu coa apreciación do alcalde salientando que o espazo podería ser aproveitado mesmo polas seleccións galegas de fútbol e rugby.
O alcalde e o reitor aseguraron tamén que, con respecto ao convenio para a colaboración urbanística no Campus Vida, asinado no ano 2005 entre ambas institucións subscribirían un novo acordo ao longo deste ano 2017.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego