Concello e hostalería promoven unha campaña para mitigar os ruídos na rúa

"Fala baixiño" é a campaña que pon en marcha o Concello de Santiago en colaboración co sector da hostalaría

O Concello de Santiago e o sector hostaleiro da cidade poñen en marcha unha campaña denominada “Fala baixiño” coa finalidade de mitigar os ruídos que se producen na rúa en torno aos locais de ocio nocturno, favorecendo o descanso da veciñanza. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou esta campaña, que terá un carácter anual e que naceu ao abeiro da Mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna. Esta campaña inclúe a distribución de cartaces identificativos, un decálogo de boas prácticas e chapas que levarán os camareiros ou porteiros dos establecementos para lembrarlle en todo momento á clientela que ao saír do local non deben facer moito rudio para non molestar á veciñanza que quere descansar.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -