O Palacete das Mendoza acolle, desde hoxe, un servizo de información turística do concello de Pontevedra ademais do xa existente para toda a provincia que xestiona a Deputación. Na presentación deste novo espazo participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde da cidade, Miguel Fernández Lores, acompañados dos responsables de Turismo de ambas institucións.

A oficina de información turística do Palacete das Mendoza, sede actual de Turismo Rías Baixas, está aberta de luns a venres de 9 a 20 horas, sábados e festivos de 10 a 14 e de 16 a 19 e os domingos de 10 a 14 horas

[vc_video link=”https://www.youtube.com/watch?v=H964aZ7uViI”]

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Agardan que a Xunte tamén se sume á iniciativa

Tanto o alcalde de Pontevedra como a Presidenta da Deputación amosaron a súa confianza en que a Xunta de Galicia tome nota da iniciativa que acaban de impulsar e se sume á proposta de unificación da información turística na cidade e na provincia

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -